Antón Losada
Disque a primeira asemblea por delegados do BNG rematou con éxito de crítica e público e a elección abrumadora de Quintana como candidato. O vicepresidente vive o seu momento: os inquéritos sorrinlle por primeira vez e os votantes do BNG valóranlle que saiba levar en paz unha organización con acusadas tendencias cainitas (*) xusto cando a base social nacionalista o único que quere é ir sen sustos a unhas eleccións que por unha vez pintan ben. Aínda é todo faría ben en gardarse dos idus de marzo e dos que, dentro e fora da casa, agardan con impaciencia a verlle tropezar para cobrarlle que aínda estea aí cando non daban un peso por el.(*) Nota innecesaria de xGZ.- En ningún caso se refire o autor ao trato dispensado ao anterior portavoz nacional.
Publicado en Galicia Hoxe


0 comentarios:
Postar um comentário