24-09-2008

A murga

Antón Losada
Disque a dirección do BNG sostén que a base reclama máis cambios, que o PSOE se vira xacobino, que os cambios no PP son formais e que hai unha conspiración socialista mundial para escurecer o protagonismo do Bloque na política estatal. Seguramente si. Porque non vai ser que o votante nacionalista o que quere é que ese ente misterioso alcumado a base deixe de dar a murga e non estrague a grande oportunidade que ten diante o nacionalismo, que o PSOE sempre foi xacobino e que algo federalista é Zapatero, que o cambio na dereita é profundo e pode acabar en fractura, e que non hai conspiración ningunha, senón que falta saber moverse e algo máis de mundo.
Publicado en Galicia Hoxe

0 comentarios: